Cargando eventos

« Todos os eventos

Homenaxe a Francisco Carballo

15 Marzo @ 11:00 a.m. - 2:00 p.m.

A Asociación Amigos de Francisco Carballo (AAFC) de Maceda comprácese en convidar a vostede aos actos da Homenaxe co gallo do centenario do seu nacemento, o sábado, 15 de marzo de 2025.

FRANCISCO CARBALLO CARBALLO (Maceda, 1925 – Santa Marta de Tormes, 2014). O 8 de marzo de 1925 naceu Francisco Carballo (presbítero, historiador, teólogo, político, docente, xornalista e activista cultural) no lugar de Celeirón, parroquia de Asadur, concello de Maceda, bispado de Ourense.

PROGRAMA DE ACTOS:

11:00 h. Ofrenda floral no cemiterio de Asadur. Intervirá Miguel Anxo González Ramos (sobriño neto de F. Carballo). Visita guiada á igrexa de Asadur.

11:30 h. Lectura dun texto de F. Carballo diante da súa casa matricial en Celeirón. Intervirá Celso Sánchez (ex tenente alcalde de Maceda).

12:00 h. Punto de encontro na vila. Biblioteca Pública Francisco Carballo de Maceda. Lectura doutro texto. Intervirá Uxía Oviedo (alcaldesa de Maceda).

12:30 h. Acto central no salón de actos da Casa do Concello de Maceda:

Música: Ergutío Cantareiras.

Audiovisual: “Lembrando a Francisco Carballo” de Xan Carballa.

Intervencións: Beatriz Cuenca (concelleira de Cultura), Francisco Rodríguez (presidente da Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas presentará o monográfico “Francisco Carballo. Na fronteira do eclesial e co corazón na Galiza”, Milagros Calvo Carballo (sobriña de F. Carballo), Manuel Peleteiro (crego inculturado) e Antón Gómez (ex cura obreiro), Xan Carballa (xornalista d´ANT), Bieito Seara (ex alcalde de Maceda), Ana Pontón (portavoz nacional do BNG).

Mantedor dos actos: Santiago Prol (presidente da AAFC). Organiza: Asociación Amigos de Francisco Carballo. Colaboran: Concello de Maceda e Fundación Terra e Tempo.

https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/francisco-carballo

https://santiagoprolmaceda.com/category/bitacora/f-carballo/

Detalles

Data:
15 Marzo
Hora:
11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Recinto

biblioteca de Maceda
Rúa Vicente Del Bosque Nª 14
Maceda, Ourense 32700 Spain