MACEDA 100×100

Mercar en Maceda ten Premio

Este domingo, 1 de novembro de 2026 arranca a campaña “Maceda 100×100!”
Do 1 ao 15 de novembro, facer as túas compras no comercio local pode facerte gañar grandes premios.

Como podes participar?

– Merca nos comercios adheridos á campaña.

– Por cada compra, recibirás 1 participación.

– Cobre a papeleta co teu nome e teléfono.
-Introduce a túa papeleta na urna que atoparás en cada establecemento.

Ata 5.000€ en premios!
Sorteamos bonos regalo de 35€, 50€ e 100€ para gastar directamente nos nosos comercios locais.

O gran sorteo:

O vindeiro 15 de novembro ás 13:00horas na Praza das Toldas. Non faltes!
Apoia o comercio da nosa vila, merca en Maceda e…participa e gaña!

MACEDA 100×100

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, ten o pracer de convidalo ó acto de presentación da CAMPAÑA “MACEDA 100×100: MERCAR AQUÍ TEN PREMIO” financiado nun 80 % polo INORDE e un 20% con cargo ós fondos propios desta asociación (cotas dos asociados), o acto terá lugar o vindeiro mércores 28 de Outubro de 2026 ás 20:00 horas no Salón de actos do Concello de Maceda.

Durante o acto presentarase o Vídeo Publicitario da campaña gravado integramente no comercio local de Maceda.

Desexando poder contar coa súa presenza neste acto,

Atentamente;

Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda

O Presidente

Asdo.: Roberto Carlos Freire Ramos

Premios Campaña Merca no teu comercio

O luns 29 de Xuño ás 19:30 horas na Praza Benigno Álvarez de Maceda tivo lugar a entrega de premios da campaña “Merca no teu comercio” promovida pola Federación de Comercio, na que se entregaron 20 tarxetas prepago cun saldo de 50 € cada unha.

Estiveron no acto de entrega: Uxía Oviedo (alcaldesa do Concello de Maceda), Beatriz Gómez (delegada da Federación de Comercio en Ourense), Lucía Santás (Directora de Abanca en Maceda), Mª Teresa González (en representación da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda), e Marta Guzman (Directora Territorial da Consellería en Ourense).

Merca no teu Comercio

Merca no teu comercio 2026

A campaña Merca no teu Comercio – Maceda é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 15 de xuño de 2026 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de Maceda, que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 1.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:

  • 20 tarxetas regalo de 50 euros: Sortearanse o 16 de xuño de 2026 e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos de proximidade do municipio.

Como participar?

  1. Merca no teu comercio local de Maceda.
  2. Rexistra a túa compra en https://mercanoteucomercio.com/maceda
  3. Os premiados serán contactados para asistir ao Acto de Entrega

Impulsa as túas ventas

20260422 impulsa ventas

Baixo o nome: “Impulsa tus ventas: difusión de ofertas comerciales vía Whatsapp y Telegram” organizado polo Concello de Maceda, Ineco Ruraltic e a Asociación de Comerciantes de Maceda” terá lugar un taller dirixido ós comerciantes e empresarios de Maceda e Arredores, profesionais autónomos independentes ou en sociedade con outros que teñan interese en difundir as súas ofertas comerciais.

Será o mércores 22 de abril de 2026 ás 20 h. no salón de plenos do Concello de Maceda.

Obxectivo: intentar impulsar as vendas de calquera actividade comercial de Maceda e arredores.

Inscricións en: comercioenmaceda@hotmail.com ou no tf: 988317110

Días Azuis

A campaña “Días Azuis do Comercio Galego” é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA.

A campaña terá lugar entre o 10 e o 30 de abril de 2026 e nela poden participar todos os clientes, do comercio de proximidade de Galicia, que merquen nestas datas. Entre eles, o 6 de maio de 2026 sortearanse 20.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:

  • 44 tarxetas prepago de 250€: 11 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega.
  • 60 tarxetas prepago de 150€: 15 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega.

Estas tarxetas regalo deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de xuño de 2026 engadido.

Ademáis, realizarase de forma presencial un sorteo adicional dunha tarxeta prepago de 2.500€ que o gañador deberá empregar nunha única xornada de compras e nunha soa localidade de Galicia.

Neste sorteo poderán participar tódolos consumidores que cumpran as seguintes condicións:

  • Asistir presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña o 28 de maio de 2026 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
  • Aportar un ticket de compra física nun comercio de proximidade de Galicia do 10 de abril de 2026 e ata o momento de inicio do acto de peche de campaña o día 28 de maio de 2026.

Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:

  • Rexistrar como consumidor a compra nesta mesma páxina web.
  • Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a compra a través desta mesma páxina web. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.

* En ámbolos dous casos, o consumidor debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.

Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico diasazuis@comerciogalicia.es.

Listado de comercios: Días Azuis do Comercio Galego

Mais información: www.diasazuis.com/2026

Bonos activa Comercio 2026

La Consellería de Empleo, Comercio y Emigración convoca la primera edición de 2026 del Programa de dinamización e incentivación del consumo en los comercios minoristas de la Comunidad Autónoma de Galicia a través de los Bonos Activa comercio (código de procedimiento CON El301B)

Personas beneficiarias.

Podrán ser personas beneficiarias de las ayudas las personas físicas mayores de edad y residentes en la Comunidad Autónoma de Galicia.

Fecha de descarga de los bonos.

Los bonos estarán disponibles en la web www.bonosactivacomercio.gal para su descarga por las personas usuarias próximamente, hasta que el importe total de los descuentos efectivamente realizados en compraventas alcance los 2.500.000 €.

Establecementos en Maceda

Preme para ver os establecementos adheridos

Reparto e Concurso de Mecos 2026

Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocáronse, como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.

Repartíronse tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten  para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así  decorar  rúas e prazas.

Así, o sábado 24 de xaneiro de 2026 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” tivemos “a solta do burro” dende o Bar Cortes e a procesión dos mecos onde acabamos colgando un deles na praza do pobo.

A festa foi moi animada e todo o mundo que nos acompañou con un meco nesta procesión e que viñeron a divertirse con todos nos, xa na praza o “Barullón de Carguizoi” presentóunos .”A Aixada máis grande do Mundo”

Despois da animación do “Barullón de Carguizoi” contamos con festa ca Charanga dos Festicultores.

Galería de Imaxes:

V CONCURSO DE MECOS

Convocase o V Concurso de Mecos de Entroido en Maceda 2026.
Inscribe o teu meco/a ata o 13 de Febreiro enviando algunhas fotos do mesmo, a ubicación e os teus datos persoais a: comercioenmaceda@hotmail.com

Premios:

1 – O Meco/a máis entroideiro:
>Premio dunha espectacular cesta cheiña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais

2 – O Meco/a máis elaborado:
Premio dunha cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca.

3 – O Meco/a de grupos:
Cesta cocido: banquete tradicional cos mellores productos da comarca.

Votación pública: dende o 14 ao 18 de febreiro en Facebook

Bases:

Podedes consultar as bases deste concurso no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/17Em5wgFBQz5xp-Km_g4RcN3o8ohLgvJB/view?usp=drive_link

Organiza a Asociación Comerciantes ca colaboración do Concello de Maceda