- Este evento pasou.
“El Pueblo Duerme”
Despois do éxito da última sesión, e por aclamación popular volvemos xogar a “El pueblo duerme”. Dentro da actividade Mesas con Partidas, convidámoste a pasar unha mañá chea de intriga, risas e emoción.
Será o próximo mércores 6 de agosto ás 11:00 h, na TaLERna da Biblioteca de Maceda.
Un xogo participativo onde o pobo dorme… e os xogadores tratan de descubrir quen mente, quen engana e quen tenta sobrevivir sen ser descuberto. Ideal para todas as idades, para xogar en grupo e poñer a proba o teu instinto!
Non fai falla inscrición previa, a actividade é gratuíta e está aberta a todo o público. Só tes que vir con ganas de xogar e pasalo ben.
Non perdas esta nova oportunidade de vivir o misterio en primeira persoa. A emoción está servida!