Cargando eventos

« Todos os eventos

Fauna Esencial

29 Outubro - 30 Novembro
Fauna Esencial en Maceda
Fauna Esencial en Maceda

Dende o 29 de Outubro e ata o  30 de Novembro de 2025, a exposición “Fauna Esencial”, estará exposta no Centro Sociocomunitario de Maceda, con entrada de balde para tódalas persoas interesadas en visitar esta exposición no horario de apertura do centro (tódolos días de 9:00 a 20:00 horas).

Exposición promovida pola Afundación (obras social Abanca) e coa colaboración do Concello de Maceda.

“Fauna esencial” forma parte do proxecto “Corrente cultural”, que busca levar a cultura máis alá das grandes cidades e conectar co público. A exposición, composta por 28 fotografías de gran formato do fotógrafo de natureza Ezequiel Martínez, invita aos visitantes a coñecer e apreciar animais como o oso pardo, a cegoña, o voitre leonado e a aguia imperial, entre outros. Cada imaxe vai acompañada de textos que explican detalles sobre a vida, o hábitat e os desafíos aos que se enfrontan estas especies.

Detalles

  • Comezo: 29 Outubro
  • Remate: 30 Novembro

Protagonista