Merca no teu comercio
1 Xuño - 15 Xuño
A campaña Merca no teu Comercio – Maceda é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.
A campaña terá lugar entre o 1 e o 15 de xuño de 2026 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de Maceda, que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 1.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:
- 20 tarxetas regalo de 50 euros: Sortearanse o 16 de xuño de 2026 e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos de proximidade do municipio.