Obradoiro de Regueifas
29 Novembro @ 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

O sábado 29 de novembro de 2025, ás 11 h. no forno de Tioira celebrarase un obradoiro de Regueifas.
Se che gusta a retranca, se sempre quixeches aprender a responder con xeito ou se queres coñecer unha tradición galega nosa… este obradoiro é para ti!
Aprenderemos as bases da regueifa: unha batalla oral en verso improvisado que antes animaba festas, vodas e seráns por toda Galicia… e que hoxe queremos recuperar
Actividade pensada para xente moza e adulta (aínda que pode vir quen queira!).
Obradoiro de balde e, se queres, podes quedar aos pinchos que teñen un custo de 7€
Podes anotarte: @olardosfelos (Tioira) @achuchemecanica (Maceda)
Ou escribíndonos a osreinados25@gmail.com
Organiza: Os Reinados e Imparte: ORAL da Lingua