- Este evento pasou.
Partida de Uno
30 Xullo @ 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

Xogamos ao UNO na Biblioteca!
Este mércores 30 de xullo de 2025 ás 11:00 h, temos unha nova cita co entretemento: traemos o clásico UNO, un xogo de cartas cheo de sorpresas, xiros inesperados… e moita diversión!
Actividade gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. Está pensada para todas as idades, así que podes vir só ou acompañado, en familia ou con amizades.
Pasarémolo en grande entre risas, cores, e moitos “¡UNO!” de última hora. ¿Serás ti quen se libre de todas as cartas primeiro?
Agardámoste na Biblioteca de Maceda!