Pernascochas
10 Febreiro @ 5:30 p.m. - 7:30 p.m.
De balde

O 10 de febreiro ás 17.30 h, achégate á Biblioteca de Maceda porque se enche de fantasía coa presentación de Pernascochas, de Ramón Veiga.
Un encontro para persoas de 7 a 107 anos, con historias que fan sorrir a pequenos e maiores. A xornada completarase cun taller de xoguetes vintage pensado especialmente para os máis novos.
Unha tarde para compartir en familia, gozar da lectura e pasar un bo rato xuntos. Agardamos por vós!