Afonso X o Sabio

Maceda posúe unha nómina de persoeiros relevantes dende a Baixa Idade Media hasta os nosos días, comezando polo rei Afonso X o Sabio.

Ao seu preceptor Garci Fernández de Villaldemiro concedeulle o rei Fernando III unha vila en Manzaneda de Limia (Maceda) con todos os seus termos e cos dereitos do fisco rexio, o 18 de agosto de 1232. O bispo Pedro Iáñez de Nóvoa gobernou durante case medio século a sé episcopal.

Os seus subalternos prendéronlle lume ao convento primixenio dos franciscanos nunha das etapas máis belicosas das historia de Ourense. Aportou -despois de morto (1308)- un fermoso legado patrimonial á cidade: o novo convento e igrexa de San Francisco, na que os Nóvoas (señores hexemónicos de Maceda) se reservaron o dereito de sepultura.

Os Nóvoa

O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) amósase como un galego universal, o máis relevante do século XVI. Foi alcaide de Lisboa, diplomático e descubridor (Trindade, Ceilán, Juan de Nova Island, Santa Helena e Ascensión). Comandou o buque insignia da Mariña Portuguesa (nao “Frol de la Mar”) na Carreira da India. Estivo en primeira liña na Batalla Naval de Diu (1509), que foi transcendental para os intereses políticos, comerciais, xeoestratéxicos e militares dos portugueses en Oriente.

O condado de Maceda concedéronllo a Alonso de Lanzós e Nóvoa en 1654. O III conde Xosé Benito de Lanzós e Nóvoa, que acadou a grandeza de España de 1ª clase en 1710, está soterrado no santuario da Virxe da Barca en Muxía. O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco foi gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra na época de Felipe V. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, faleceu na Batalla de Medina de Rioseco ao comezo da Guerra da Independencia (1808).

Escritores relevantes

Maceda tamén conta con importantes escritores. O Precursor Xosé García Mosquera foi un poeta trilingüe (galego, castelán e latín) e tamén o bardo oficial da cidade de Ourense no século XIX. O catedrático Manuel Vidal escribíu no primeiro terzo do século XX varios libros en galego. Amósase como un crego ilustrado que tamén fixo novelas en castelán, monografías e manuais de lingua e literatura. Na II República agromou o poeta Xosé Lois Parente que tamén foi un activo columnista e militante do Partido Galeguista. O ilustrado Francisco Carballo amósase como mestre de toda unha escola de historiadores.

No ano 2000 foi declarado “Fillo más sobranceiro vivo do Concello de Maceda”. Hogano Maceda conta cun dos Grandes das Nosas Letras. Xoán Babarro, autor de máis de medio cento de libros, é membro da Real Academia Galega e un dos pioneiros a prol da galeguización do ensino.

Seculo XX

O cardeal Fernando Quiroga Palacios naceu en Maceda cando comezaba o século XX. Foi, xunto con Xelmírez e Fonseca, o prelado máis relevante da historia de Galiza. No eido político salientariamos a Benigno Álvarez, o líder do Partido Comunista nos anos 30 e a Xosé Gómez Ganoso, o xefe político-militar da guerrilla antifranquista.

Santiago Prol