A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convoca un concurso de elaboración de Mecos, dentro da programación dos festexos do Entroido.
A este concurso poderán presentarse tódol@s veciñ@s do Concello de Maceda que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais, Asociacións Veciñais, etc…), e tamén calquer tipo de negocio empresarial de Maceda sexa ou non socio desta asociación.
O prazo de inscrición no concurso será dende o día 4 ao 28 de Febreiro de 2025, ambos incluídos.
A inscrición realizarase a través de correo electrónico enviando os datos persoais, enderezo de ubicación do meco, unha fotografía do mesmo e o nome que se lle deu ó meco (comercioenmaceda@hotmail.com ) ou por teléfono: 988317110.
A votación será popular a través do formulario correspondente que se habilitará para poder exercer o voto e que se publicará na conta de Facebook da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda,
O prazo de votación irá dende o día 1 ó 5 de marzo (ambos dous inclusive).
Premios
– Meco máis entroideiro: cata espirituosa para seguir entroidando (cesta cheíña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais…)
– Meco máis elaborado: degustación de doce experiencias para ser felices (Cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca).
– Meco de grupos: degustación entroideira de momentos para compartir (Cesta cocido: Banquete tradicional cos mellores produtos da comarca)
Inscribe o teu meco antes do 1 de Marzo enviando algunhas fotos do teu meco/a cos teus datos persoais e a ubicación do mesmo a: comercioenmaceda@hotmail.com