VI Concurso de Tapas Maceda 2025

VI Concurso de TapasEntre o día 16 e 20 de abril de 2025 en horario de 20 a 22:30h., celébrase en Maceda a VI edición do concurso de tapas organizado polo Concello de Maceda e pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, coa finalidade de promover o movemento e a participación tanto de empresarios como de clientes asiduos aos establecementos de Maceda.

 

O prezo da tapa será de 3€ e participan: A Cervexería, A Fenda, A Tapa, Bar A Sala, Bar A Teixeira, Bar Lúa, Casa Rosa, O Mioco, Porta Sacra e Tapería Castillo.