Hoxe, 27 de novembro de 2024 a edición de Ourense do xornal La Voz de Galicia recolle en portada o proxecto do videoclip e a campaña promocional feita desde Maceda para revitalizar o comercio local dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda.


A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda presenta un video promocional dentro do proxecto “Merca en Maceda, apoia ó comercio local” financiado nun 80 % polo Inorde e un 20% con cargo ós fondos propios desta asociación.