A continuación facemos público o resultado da votación deste IV CONCURSO DE MECOS ENTROIDO MACEDA 2025.

Votaron un total de 206 persoas e o reparto de puntos nas diferentes categorías quedou tal e como se recolle nas táboas que adxuntamos nesta publicación.

O GAÑADOR/A NA CATEGORÍA DE MECO/A +ELABORADO OU MECO DE GRUPOS FOI: O TALLER DO FELO NO TOURAL (feito polos veciños do Toural) cun total de 690 puntos.

O GAÑADOR/A NA CATEGORÍA DE MECO/A +TROULEIRO/A: ANTONIO E MERCEDES ESTE ANO PLANTAN A SEMENTE DO AMOR (feito por Centro de Día de Maceda) cun total de 568 puntos.

A GAÑADORA NA CATEGORÍA DE MECO/A +ENXEBRE FOI: A MECA TEJE TEJE (feito por Mercería Pepita) cun total de 358 puntos.

Noraboa a tódolos gañadores/as e en especial a tódolos veciños/as que participaron activamente na elaboración dos mecos/as tantos os inscritos neste IV Concurso como aqueles que decidiron non inscribirse.

* Aclaración: os premios non son acumulativos, dado que o Meco O TALLER DO FELO NO TOURAL obtivo a maior puntuación nos apartados de +ENXEBRE e +ELABORADO, considerouse como gañador no apartado +ENXEBRE o seguinte meco/a que obtivo maior puntuación despois dos gañadores nas outras dúas categorías que foi a MECA TEJE TEJE.

Entrega de Premios:

Este venres 7 de Marzo de 2025 na Praza das Toldas de Maceda, tivo lugar o acto de entrega dos premios ós gañadores.

Fixeron acto de entrega o Presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda e a Tesoureira da Asociación Rocío Apolinar Loureiro.

Recollen o Premio ó mellor “Meco Entroideiro máis Trouleiro”, unha representación da dirección do Centro de Día de Maceda, o Premio ó mellor “Meco Entroideiros máis Enxebre” a Titular do Comercio MERCERÍA PEPITA e o Premio ó mellor “Meco máis Elaborado ou de Grupos” como veciñas do Toural Cristina e Soraya.