Entre o día 16 e 20 de abril de 2025 en horario de 20 a 22:30h., celébrase en Maceda a VI edición do concurso de tapas organizado polo Concello de Maceda e pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, coa finalidade de promover o movemento e a participación tanto de empresarios como de clientes asiduos aos establecementos de Maceda.

Para este concurso teremos como gañador o establecemento máis votado, e haberá tres premios para os participantes:

1º premio: Unha cea para dúas persoas.
2º premio: Tarxeta regalo que inclúe Spa para dúas persoas.
3º premio: Bono Lectura por valor de 50 €

Farase o sorte o luns 21 de abril no salón de actos do Concello entre todas as cartillas selladas cun mínimo de 6 establecementos.