Reparto de Mecos

Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocaronse como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.

Repartironse tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os solicitaron  para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así  decorar rúas e prazas.

Así, o sábado 8 de febreiro de 2025 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” tivemos “a solta do burro” e a procesión dos mecos dende “O bar Cortes” ata o centro da vila, onde se rematou colgando un deles na praza do pobo.

Unha procesión animada a pesar da chuvia, para dar o pistoletazo de saída do entroido dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda e motivo para seguir a festa.

IV Concurso de Mecos Maceda 2025

A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convoca un concurso de elaboración de Mecos, dentro da programación dos festexos do Entroido.

A este concurso poderán presentarse tódol@s veciñ@s do Concello de Maceda que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais, Asociacións Veciñais, etc…), e tamén calquer tipo de negocio empresarial de Maceda sexa ou non socio desta asociación.

O prazo de inscrición no concurso será dende o día 4 ao 28 de Febreiro de 2025, ambos incluídos.

A inscrición realizarase a través de correo electrónico enviando os datos persoais, enderezo de ubicación do meco, unha fotografía do mesmo e o nome que se lle deu ó meco (comercioenmaceda@hotmail.com ) ou por teléfono: 988317110.

A votación será popular a través do formulario correspondente que se habilitará para poder exercer o voto e que se publicará na conta de Facebook da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda,

O prazo de votación irá dende o día 1 ó 5 de marzo (ambos dous inclusive).

Premios

Meco máis entroideiro: cata espirituosa para seguir entroidando (cesta cheíña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais…)

Meco máis elaborado: degustación de doce experiencias para ser felices (Cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca).

Meco de grupos: degustación entroideira de momentos para compartir (Cesta cocido: Banquete tradicional cos mellores produtos da comarca)

Inscribe o teu meco antes do 1 de Marzo enviando algunhas fotos do teu meco/a cos teus datos persoais e a ubicación do mesmo a: comercioenmaceda@hotmail.com

Bases do Concurso

Presentación Cartaz de Entroido 2025

Entroido Maceda 2025

Organizado polo concello de Maceda o 25 de xaneiro de 2025 tivo lugar ás 12:30 h. no Espazo A Fenda tera lugar o acto de presentación Cartaz de Entroido 2025

Presentado por Celso Sánchez, Concelleiro de Cultura e ca intervención dos Felos da Corga da Serra, Felos das 12 parroquias, ANPA Ceip de Maceda, Fiadeiro de Carguizoi, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, os Taberneiros do Pobo.

Así interviron: José Antonio “Pinto”, dos Felos da Corga da Serra, lembrou que o Sábado e o Domingo de Entroido os felos percorrerán as aldeas da Serra, Javier Gómez, “Willy” falou polos Felos das 12 parroquias, a asociación que recuperou a Baixada de Marela, Miguel Iglero, organizador do Fiadeiro de Carguizoi, anunciou a recuperación do Reinado por testemuñas dos seus avós, a Asociación de Comerciantes, a través de Elvira Iglesias, organizando a colocación dos Mecos polas distintas empresas, Toño, o presidente da Asociación de Taberneiros do Pobo lembrou que se despedirá o entroido ca queima do Meco e unha pinchada organizada por eles. A ANPA do CEIP de Maceda, representada por Iria Dopazo, organizadores da  “Mareliña” e do obradoiro de elaboración de compadres e comadres, anima as familias a participar nas actividades.

Clausurou o acto Uxía Oviedo, Alcaldesa de Maceda

Fotos do Acto:

Marela 2025

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda sumámos o apoio o Entroido de Maceda e este ano sacamos a venda un broche-pin representativo da Baixada da Marela consistente na cabeza da vaca.
Están a venta na A Cervexería, Librería Alicia e Tapería Bar Castillo, Farmacia Mª Elvira, A Chuche Mecánica pero proximamente estarán en mais locais e bares.
Encontraralas dispoñibles en dous tamaños cun prezo de 4 euros a grande e 3,5 a pequena.

Presentación

A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda tivo un acto público o sábado 2 novembro de 2024 no salón de plenos do Concello de Maceda.

Neste acto presentouse o proxecto “Merca en Maceda, apoia ó comercio local” financiado nun 80 % polo Inorde e un 20% con cargo ós fondos propios desta asociación.

Dentro de este proxecto englobanse tres accións diferenciadas:

A posta en marcha dun portal web interactivo www.comercioenmaceda.com como portal de información do eido comercial e empresarial asi como do referente o tema de actividades culturales e turisticas ou calquer información de interese.

web comercioenmaceda.com
web comercioenmaceda.com

A creación dun produto audivisual para concienciar do importante que é mercar no teu entorno para así mellorar entre todos:

A difusión de ofertas e informacións comerciais e empresarias a traves dun folleto que se repartirá por toda a contorna.

Galería de imaxes: