- Este evento pasou.
Xogo “Desconfío”
22 Xaneiro @ 5:30 p.m. - 8:00 p.m.

Nova quedada de mesa compartida!
O vindeiro xoves 22 de xaneiro, ás 17:30 h, celebraremos na Biblioteca de Maceda unha nova sesión pensada para público xuvenil.
Nesta ocasión xogaremos o xogo de mesa: “Desconfío”, unha actividade perfecta para pasar unha tarde divertida e colaborar en equipo.
Animádevos a participar e a compartir xogo e bo ambiente.
Biblioteca pública municipal – Actividade gratuita – Aberto a todos os públicos
Agardámosvos!