Presentación da Campaña

Maceda Rasca e Gaña
Maceda Rasca e Gaña

O martes, 14 outubro de 2025 ás 8 da tarde no salón de plenos do Concello de Maceda presentouse a campaña que baixo o nome “Maceda Rasca e Gaña” vai realizar a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, patrocinado polo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico –Inorde, en colaboración co Concello de Maceda e a Federación Galega de Comercio, ca finalidade de apoiar economicamente e fomentar a actividade do sector do comercio e hostalería de Maceda dende o 15 ao 30 de outubro ambos incluídos.

Roberto Freire, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda abriu o acto dando a benvida a todolos presentes e pondo en contexto a campaña que se ia presentar.

A continuación interveu Uxia Oviedo, Alcaldesa de Maceda quen deu paso a Rosendo Luis Fernández, Presidente do Inorde, que falou da campaña dende o punto de vista do patrocinio e a importancia da campaña para o beneficio do comercio de proximidade, pechando esta quenda de intervencións Beatriz Gómez presidenta da Federación de Comercio de Ourense.

Nun segundo bloque Antonio Pose e Roberto Freire explicaron, como representantes da asociación aos comerciantes e público xeral presente na sala a campaña rematándose o acto ca proxección do vídeo comercial que se fixo para explicar dita campaña.

Información da Campaña

Galería Fotográfica: