
A campaña Merca no teu Comercio – Maceda é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.
A campaña terá lugar entre o 15 e o 30 de setembro de 2025 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de Maceda, que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 1.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:
– 20 tarxetas regalo de 50 euros: Sortearanse o 1 de outubro de 2025, e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos de proximidade do municipio ata o 31 de decembro de 2025.
Como participar?
- Merca no teu comercio local de Maceda.
- Rexistra a túa compra en https://mercanoteucomercio.com/maceda
- Os premiados serán contactados para asistir ao Acto de Entrega