¡A campaña MERCA NO TEU COMERCIO desenvolveuse en Maceda do 15 ao 30 de setembro e o sorteo realizouse onte día 1 de outubro ante notario.

Podes consultar a listaxe de gañadores e gañadoras na web da campaña:
https://mercanoteucomercio.com/maceda/ganadores

Durante os vindeiros días contactaremos cos premiados e o luns 6 de outubro, ás 19:30h, na Praza Benigno Alvarez de Maceda, terá lugar o acto de entrega aos afortunados.

Merca no teu comercio é unha iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.