“Maceda Rasca e Gaña”

O Teu Comercio Ten Premio

Baixo o nome “Maceda Rasca e Gaña” a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, patrocinado polo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico –Inorde, en colaboración co Concello de Maceda e a Federación Galega de Comercio, ca finalidade de apoiar economicamente e fomentar a actividade do sector do comercio e hostalería de Maceda dende o 15 ao 30 de outubro ambos incluídos.

Nos establecementos participantes, repartiranse os clientes que realicen compras superiores a 20 €, 1 rasca por cada compra superior a 20 €. O cliente deberá rascar o premio para descubrir que desconto lle toca, que poderá descontar na próxima compra que faga en calquera dos establecementos adheridos a campaña.

Repartiranse un total de 26.000 rascas, e neles estarán os seguintes premiados; 400 rascas con desconto de 5 €, 100 rascas con desconto de 10 €, 100 rascas con desconto de 20 €.  En total 5000 € en premios.

Estes descontos serán aplicados o facer novas compras por importe igual ou superior ao rasca premiado en calquera dos establecementos asociados a campaña tendo que entregar o rasca xuntamente cos seus datos persoais (nome, apelido e dni). O prazo para realizar estes descontos remata o 6 de novembro.

Establecementos Adheridos á Campaña:

Hostalería:

A Cervexería
A Chuche Mécánica
A Tapa Burguer Bar
Café Bar Castillo
Café Bar Maceda 2000

Comercios E Servizos

Agro Maceda
Agro Ribeira Sacra
Agro San Mamede
Artesa Mobles
Bazar Jin
Clínica Dental Maceda
Coio Espazo
Distribucións Poza
Eroski Maceda
Estación de Servicio Maceda
Estanco Foncuberta
Estanco Maceda
Estética Agarimo
Estética Edén
Farmacia María Elvira Iglesias
Farmacia María José Blanco
Ferretería Aldraba
Ferreteria Gregorio
Fisiomaceda
Floristeria Abramar
Librería Alicia
Maquinaria De Dios
Marlimgo
Mercería Pepita
Mimos
O Forno do Cardito
Óptica Maceda
Panadería Delfín
Pazo de Chaioso
Supermercado Covirán
Supermercado Spar
Talleres Roberto

A Campaña en prensa:

La Región

Merca no teu Comercio – Ga´ñadores

¡A campaña MERCA NO TEU COMERCIO desenvolveuse en Maceda do 15 ao 30 de setembro e o sorteo realizouse onte día 1 de outubro ante notario.

Podes consultar a listaxe de gañadores e gañadoras na web da campaña:
https://mercanoteucomercio.com/maceda/ganadores

Durante os vindeiros días contactaremos cos premiados e o luns 6 de outubro, ás 19:30h, na Praza Benigno Alvarez de Maceda, terá lugar o acto de entrega aos afortunados.

Merca no teu comercio é unha iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

Merca no teu Comercio

A campaña Merca no teu Comercio – Maceda é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.

A campaña terá lugar entre o 15 e o 30 de setembro de 2025 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de Maceda, que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 1.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:

20 tarxetas regalo de 50 euros: Sortearanse o 1 de outubro de 2025, e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos de proximidade do municipio ata o 31 de decembro de 2025.

Como participar?

  1. Merca no teu comercio local de Maceda.
  2. Rexistra a túa compra en https://mercanoteucomercio.com/maceda
  3. Os premiados serán contactados para asistir ao Acto de Entrega

¡¡¡Merca no Comercio Local!!!

Mercar en Maceda pode ter premio

Rexistra os tickets de tódalas túas compras feitas no comercio local dende o 20 maio ao 10 de xuño, independentemente do seu importe en www.diasazuis.com e participarás no sorteo ante notario do día 12 de Xuño de 2025, de 44 tarxetas prepago de 250 € e 60 tarxetas prepago de 150 € para gastar no comercio local.

Nesta campaña entran tódolos comercios de Maceda inclusive do sector da alimentación como carnicerías, panaderías e supermercados (salvo franquiciados en grandes cadeas como Eroski).

Non entra o sector da hostalaría, nin gasolineiras nin establecementos prestadores de servizos.

Máis información no tf gratuíto: 900 103 087, através do mail: diasazuis@comerciogalicia.es. ou na web: www.diasazuis.com

Marela 2025

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda sumámos o apoio o Entroido de Maceda e este ano sacamos a venda un broche-pin representativo da Baixada da Marela consistente na cabeza da vaca.
Están a venta na A Cervexería, Librería Alicia e Tapería Bar Castillo, Farmacia Mª Elvira, A Chuche Mecánica pero proximamente estarán en mais locais e bares.
Encontraralas dispoñibles en dous tamaños cun prezo de 4 euros a grande e 3,5 a pequena.