V CONCURSO DE MECOS

Convocase o V Concurso de Mecos de Entroido en Maceda 2026.
Inscribe o teu meco/a ata o 13 de Febreiro enviando algunhas fotos do mesmo, a ubicación e os teus datos persoais a: comercioenmaceda@hotmail.com

Premios:

1 – O Meco/a máis entroideiro:
>Premio dunha espectacular cesta cheiña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais

2 – O Meco/a máis elaborado:
Premio dunha cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca.

3 – O Meco/a de grupos:
Cesta cocido: banquete tradicional cos mellores productos da comarca.

Votación pública: dende o 14 ao 18 de febreiro en Facebook

Bases:

Podedes consultar as bases deste concurso no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/17Em5wgFBQz5xp-Km_g4RcN3o8ohLgvJB/view?usp=drive_link

Organiza a Asociación Comerciantes ca colaboración do Concello de Maceda

Apoio os gandeiros e agricultores

Manifesto de apoio os gandeiros e agricultores fronte ao tratado co Mercosur

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, queremos manifestar o apoio aos nosos veciños gandeiros e agricultores nas protestas destes días en relación ao tratado que se pretende asinar entre a Unión Europea e Mercosur.

Entendemos as accións que se están levando a cabo como un xeito coherente e motivado de mostrar nas rúas o descontento do medio rural ante o que todos consideramos un atentado máis a un modo de vida e costumes propias en beneficio de grandes corporacións e do mal chamado progreso que nos queren vender dende esferas externas.

A gandería e mais a agricultura, como todos podemos entender, é fundamental na nosa comarca. O seu peso económico non se limita ao movemento económico do propio sector senón que resulta decisivo como impulso para outros sectores, como o sector servicios e o comercio no que aquí estamos representados a través de esta asociación.

A comarca de Maceda está localizada no interior da Galicia mais rural e agraria. Pertencemos a unha porción do mundo nin mellor nin peor que outras coas que temos lazos de amizade, acordos e transaccións comerciais. Mostramos ao mundo unha forma particular de ser e de facer as cousas como pobo e como sociedade, e este tipo de pactos atacan de forma directa ao noso xeito de vida e, en último termo, á nosa identidade.

Pactos como o que se pretende asinar entre a UE e Mercosur, nacen nos despachos das grandes corporacións económicas, non son froito da necesidade ou do sentir social dos pobos afectados, tanto dun lado como doutro do Atlántico. Resulta lexítimo medrar e aspirar a optimizar os beneficios económicos, como calquera dos comerciantes que aquí estamos representados, pero coa abominable e inmoral diferencia que neste caso se fai cambiando e trucando as regras do xogo ao seu favor. Un xogo que se traduce en que os xigantes da automoción europeas e as grandes corporacións cárnicas e agrícolas do outro lado do charco, se fagan de ouro impóndolle aos pequenos produtores do rural unha serie de restricións abusivas, empregando o seu poder para manexar como monicreques a gobernantes que se afastan, cada día máis, do ideario dos gobernos democráticos.

Ante este panorama dun novo capitalismo globalizado que de un tempo a esta parte está por enriba de persoas, pobos e gobernos lexitimamente elixidos, faise mais necesario que nunca defenderse como pobo coa palabra, coa denuncia e con actos de manifestación pública como os que están levando adiante os nosos gandeiros e agricultores, pero tamén con unha arma tan poderosa como é o noso poder de elección.

Referímonos ao sinxelo pero poderoso acto de mercar. Cando mercamos estamos emitindo un voto de confianza igual que cando depositamos o voto nas urnas nunhas eleccións. Neste caso a confianza nun produto ou un servizo pode ir para unha gran empresa ou para un pequeno comercio. É aí onde reside o noso verdadeiro poder como consumidores.

Produtores, comerciantes, gandeiros, agricultores… no fondo todos somos consumidores. Movémonos dentro de esa roda chamada capitalismo. Un mundo onde todo o que mercamos fica cada vez  mais ao alcance, por moi lonxe que sexa producido. Se queremos seguir aquí como pobo con identidade propia e non como unha mercadoría mais, debemos de apoiarnos  tanto nas palabras coma nos feitos. Apoiar coas nosas compras a diario a aqueles que son coma nós, que viven onda nós… A nós non nos queda outra alternativa que levantar a voz e actuar, sexa como manifestantes, sexa como consumidores.

Bonos Activa comercio 2025

La Consellería de Empleo, Comercio y Emigración convoca la primera edición de 2025 del Programa de dinamización e incentivación del consumo en los comercios minoristas de la Comunidad Autónoma de Galicia a través de los Bonos Activa comercio (código de procedimiento CON El301B)

Personas beneficiarias.

Podrán ser personas beneficiarias de las ayudas las personas físicas mayores de edad y residentes en la Comunidad Autónoma de Galicia.

Fecha de descarga de los bonos.

Los bonos estarán disponibles en la web www.bonosactivacomercio.gal para su descarga por las personas usuarias desde lo 4 de junio de 2025, a las 9.00 horas, hasta que el importe total de los descuentos efectivamente realizados en compraventas alcance los 2.500.000 €.

Establecementos en Maceda

Preme para ver os establecementos adheridos

“Maceda Rasca e Gaña” presentación

Presentación da Campaña

Maceda Rasca e Gaña
Maceda Rasca e Gaña

O martes, 14 outubro de 2025 ás 8 da tarde no salón de plenos do Concello de Maceda presentouse a campaña que baixo o nome “Maceda Rasca e Gaña” vai realizar a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, patrocinado polo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico –Inorde, en colaboración co Concello de Maceda e a Federación Galega de Comercio, ca finalidade de apoiar economicamente e fomentar a actividade do sector do comercio e hostalería de Maceda dende o 15 ao 30 de outubro ambos incluídos.

Roberto Freire, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda abriu o acto dando a benvida a todolos presentes e pondo en contexto a campaña que se ia presentar.

A continuación interveu Uxia Oviedo, Alcaldesa de Maceda quen deu paso a Rosendo Luis Fernández, Presidente do Inorde, que falou da campaña dende o punto de vista do patrocinio e a importancia da campaña para o beneficio do comercio de proximidade, pechando esta quenda de intervencións Beatriz Gómez presidenta da Federación de Comercio de Ourense.

Nun segundo bloque Antonio Pose e Roberto Freire explicaron, como representantes da asociación aos comerciantes e público xeral presente na sala a campaña rematándose o acto ca proxección do vídeo comercial que se fixo para explicar dita campaña.

Información da Campaña

Galería Fotográfica:

“Maceda Rasca e Gaña”

O Teu Comercio Ten Premio

Baixo o nome “Maceda Rasca e Gaña” a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, patrocinado polo Instituto Ourensano de Desarrollo Económico –Inorde, en colaboración co Concello de Maceda e a Federación Galega de Comercio, ca finalidade de apoiar economicamente e fomentar a actividade do sector do comercio e hostalería de Maceda dende o 15 ao 30 de outubro ambos incluídos.

Nos establecementos participantes, repartiranse os clientes que realicen compras superiores a 20 €, 1 rasca por cada compra superior a 20 €. O cliente deberá rascar o premio para descubrir que desconto lle toca, que poderá descontar na próxima compra que faga en calquera dos establecementos adheridos a campaña.

Repartiranse un total de 26.000 rascas, e neles estarán os seguintes premiados; 400 rascas con desconto de 5 €, 100 rascas con desconto de 10 €, 100 rascas con desconto de 20 €.  En total 5000 € en premios.

Estes descontos serán aplicados o facer novas compras por importe igual ou superior ao rasca premiado en calquera dos establecementos asociados a campaña tendo que entregar o rasca xuntamente cos seus datos persoais (nome, apelido e dni). O prazo para realizar estes descontos remata o 6 de novembro.

Establecementos Adheridos á Campaña:

Hostalería:

A Cervexería
A Chuche Mécánica
A Tapa Burguer Bar
Café Bar Castillo
Café Bar Maceda 2000

Comercios E Servizos

Agro Maceda
Agro Ribeira Sacra
Agro San Mamede
Artesa Mobles
Bazar Jin
Clínica Dental Maceda
Coio Espazo
Distribucións Poza
Eroski Maceda
Estación de Servicio Maceda
Estanco Foncuberta
Estanco Maceda
Estética Agarimo
Estética Edén
Farmacia María Elvira Iglesias
Farmacia María José Blanco
Ferretería Aldraba
Ferreteria Gregorio
Fisiomaceda
Floristeria Abramar
Librería Alicia
Maquinaria De Dios
Marlimgo
Mercería Pepita
Mimos
O Forno do Cardito
Óptica Maceda
Panadería Delfín
Pazo de Chaioso
Supermercado Covirán
Supermercado Spar
Talleres Roberto

A Campaña en prensa:

La Región

Merca no teu Comercio – Ga´ñadores

¡A campaña MERCA NO TEU COMERCIO desenvolveuse en Maceda do 15 ao 30 de setembro e o sorteo realizouse onte día 1 de outubro ante notario.

Podes consultar a listaxe de gañadores e gañadoras na web da campaña:
https://mercanoteucomercio.com/maceda/ganadores

Durante os vindeiros días contactaremos cos premiados e o luns 6 de outubro, ás 19:30h, na Praza Benigno Alvarez de Maceda, terá lugar o acto de entrega aos afortunados.

Merca no teu comercio é unha iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

Merca no teu Comercio

A campaña Merca no teu Comercio – Maceda é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e de ABANCA.

A campaña terá lugar entre o 15 e o 30 de setembro de 2025 e nela poden participar todos os clientes, dos comercios de Maceda, que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 1.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:

20 tarxetas regalo de 50 euros: Sortearanse o 1 de outubro de 2025, e terán que empregarse para volver a mercar nos establecementos de proximidade do municipio ata o 31 de decembro de 2025.

Como participar?

  1. Merca no teu comercio local de Maceda.
  2. Rexistra a túa compra en https://mercanoteucomercio.com/maceda
  3. Os premiados serán contactados para asistir ao Acto de Entrega

Ofertas Folleto Comercio Local

Baixo o lema “Merca no Comercio Local: Merca en Maceda” iniciamos unha campaña consistente na produción dun espazo publicitario audiovisual, a elaboración dun espazo web 2.0 que permita a difusión das promocións de produtos e servizos ofertados e a confección e difusión dunha publicación con periocidade semestral para reforzar a publicidade dixital e chegar a un público potencial cliente que non dispón de acceso as novas tecnoloxías.

Así publicouse un folleto que se procedeu a distribución pola comarca.

Empresas publicitadas:

¡¡¡Merca no Comercio Local!!!

Mercar en Maceda pode ter premio

Rexistra os tickets de tódalas túas compras feitas no comercio local dende o 20 maio ao 10 de xuño, independentemente do seu importe en www.diasazuis.com e participarás no sorteo ante notario do día 12 de Xuño de 2025, de 44 tarxetas prepago de 250 € e 60 tarxetas prepago de 150 € para gastar no comercio local.

Nesta campaña entran tódolos comercios de Maceda inclusive do sector da alimentación como carnicerías, panaderías e supermercados (salvo franquiciados en grandes cadeas como Eroski).

Non entra o sector da hostalaría, nin gasolineiras nin establecementos prestadores de servizos.

Máis información no tf gratuíto: 900 103 087, através do mail: diasazuis@comerciogalicia.es. ou na web: www.diasazuis.com

Convenio ABanca-Comercio en Maceda

O xoves día 15 de maio de 2025, a directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda firmou un convenio coa Entidade Finacieira Abanca que cremos que ofrece unha serie de condicións vantaxosas para tódolos/as socios/as desta asociación, tendes a continuación a copia do convenio:

Convenio

Adiantamos tamén que proximamente firmarase un convenio coa oficina de correos para que o envío de paquetaría por parte de calquera dos socios/as desta asociación saia máis barato.